
986 205 885 · López Mora 72
Nº Rexistro Sanitario: C-36-001906
INICIO / ESPECIALIDADES / IMPLANTOLOXÍA
GALEGO|CASTELLANO
A colocación de implantes dentais é unha técnica cirúrxica avanzada que serve para solucionar os problemas de perda de dentes.
IMPLANTOLOXÍA.
IMPLANTES DENTAIS, A MELLOR OPCIÓN.

Prótese médica biocompatible.
Os implantes son uns elementos metálicos, que ubícanse cirúrxicamente nos maxilares, por debaixo das enxivas. Son sustitutos artificiais das raíces dos dentes naturais e teñen forma de pequenos parafusos. Proporcionan confort, axuste e estética.

Controis sanitarios.
Un implante dental é un parafuso realizado en titanio puro que foi sometido a un tratamento especial na súa superficie para garantir a integración ao óso. Apto para ser implantado no corpo humano e sometido aos máis severos controis sanitarios.
Existen diferentes tipos de implantes, aínda que a maioría soen estar compostos de titanio puro, un material moi biocompatible, que favorece que o implante sexa aceptado polo organismo.
Varios meses despois da colocación do implante, o óso o tolera e únese a él con forza.
Mediante este procedemento o implante fusiónase co óso do maxilar e proporciona un soporte estable para a conexión dos dentes artificiais, sen necesidade de desgastar as pezas veciñas.

¿Quere solicitar unha cita?
Siga este enlace, complete o formulario e responderémoslle rápidamente.