
986 205 885 · López Mora 72
Nº Rexistro Sanitario: C-36-001906
GALEGO|CASTELLANO
INICIO / ESPECIALIDADES / ODONTOPEDIATRÍA
A saúde oral é unha parte integral da saúde xeral do neno. A odontopediatría é a especialidade da odontoloxía que trata o coidado oral preventivo e terapéutico de nenos e adolescentes.
ODONTOPEDIATRÍA.
NENOS QUE VAN CONTENTOS AO DENTISTA.

Actitude positiva
A finalidade última da odontopediatría é conseguir que os pacientes cheguen á idade adulta coa boca sana, estética e funcionalmente correcta, con bos hábitos hixiénicos adquiridos de cara á conservación destas condicións para toda a vida, e sen traumas, fobias, nen desagradables recordos derivados de malas experiencias no dentista durante a infancia.

Detección precoz.
Conseguindo a súa cooperación e confianza poderemos crear un bo ambiente dental e lograr que o neno teña unha boa experiencia formando así unha base para futuras interaccións positivas co odontólogo e o equipo instrumental odontolóxico.
A primeira visita do infante realízase cando se completa a erupción das 20 pezas que compoñen a primeira dentición, aproximadamente aos 3 anos de idade.
Nesta primeira visita, a odontopediatra Fé María González Dacoba examinará os dentes, as enxivas e a mandíbula do neno para comprobar se hai algún problema. Ademáis, os pais recibirán información acerca da dieta no carioxénica, da hixiene bucal e do manexo de certos hábitos bucais como o chupete e a succión dixital.

¿Quere solicitar unha cita?
Siga este enlace, complete o formulario e responderémoslle rápidamente.

Dra. Fé María González Dacoba
Odontopediatría