
986 205 885 · López Mora 72
Nº Rexistro Sanitario: C-36-001906
GALEGO|CASTELLANO
INICIO / ESPECIALIDADES / ORTODONCIA
A ortodoncia ten como obxectivo principal a correción dos dentes ademais de proporcionar saúde, estética e beleza o sorriso.
ORTODONCIA.
CORREXIR A POSICIÓN DOS DENTES.

Efecto corrector progresivo.
Nun tratamento de ortodoncia empléanse aparatos, que aplican unha presión suave, pero constante sobre os dentes e o óso que os rodea, dando como resultado un efecto corrector progresivo. Ao aliñar os dentes resulta máis doado mantelos limpos, así disminúe o risco de sufrir caries, enfermidades das enxivas e de sobrecargar os músculos da masticación.

Os dentes encaixan ben.
Unha ortodoncia correctamente executada, permite o oportuno aliñamento dos dentes e normaliza a posición e o tamaño do maxilar e a mandíbula. Deste xeito, os dentes poden encaixar ben, procurando a completa masticación da comida.
Cando funcionan ben, os dentes mantéñense saudables, isto asegura unha longa vida á dentadura. Tamén melloran o sorriso e, polo tanto, a estética.
Os problemas máis habituais son apiñamento, mordida cruzada e sobremordida.
O tratamento ten como obxectivo acadar unha dentadura eficiente, sana, perdurable e bonita. Vostede debe preocuparse só de sorrir.

¿Quere solicitar unha cita?
Siga este enlace, complete o formulario e responderémoslle rápidamente.